lunes, 26 de agosto de 2013

The Twin-Sets din adeus



Unha das bandas galegas das que podíamos disfrutar, unha gran banda de pop que prometía, di adeus, pero non de calquera maneira, senón que nos regala dous concertos para que todos podamos despedirnos deles.

No 2011 a banda sorpréndenos con Take your Rest, cando vimos a súa carátula sorprendímonos, cando escoitamos o de dentro namorámonos,era un EP con temas como What I want, Never Comes ou Take your Rest . En 2013 lánzanse con outro EP titulado Romance con cancións que recordaremos como Start Again ou Little Star ,polo que nos deixaron material para recordalos dende casa con cariño.



 Neste tempo tivemos a oportunidade de entrevistalos para Pista Oculta,  tivemos tempo de desfrutar dos seus concertos, bolos que os levaron a cruzar fronteiras, chegando a tocar en Inglaterra. Incluso tiven a oportunidade de coñecer a algún dos seus membros, esas saídas nocturnas pola Coruña fan dano.



Por todo, por vós, queremos recordavos que tedes unha cita con The Twin-Sets e Bang 74 na Fábrica de Chocolate (Vigo) o día 31 de agosto e o día 5 de septembro en Ferrol, na sala SuperOcho

Grazas Denís, Borja, Nacho e Pablo Pita


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.