viernes, 19 de julio de 2013

Outono Capitol Rock Festival 2013




Neste puzzle xa adiantamos o que será o cartel do Capitol Rock, cita que se leva a cabo en Santiago de Compostela. Temos ganas de rematar o verán?


Entre outras, destacamos concertos como poden ser o da incombustible Barbara Lynn , que non pasan os anos pola artista de r&b e xa sabemos quen enterrou que caixa en que encrucillada de camiños.

Outros artistas como The Limboos   nos que nos atopamos caras coñecidas como pode ser Roi Fontoira e Marcos Mascato de Phatom Keys , non nos alonxamos moito do son ao que nos teñen acostumados, quen non arrisca facendo algo que sabe ten todas as de gañar, non é?


Tamén destacamos aos nipóns de Osaka Monarail, un grupo de funk e soul, 9 músicos dispostos a que se non vos animades non o farán nunca. E se seguimos en sons por estes roteiros, non podemos non mencionar a Lefties Soul Connection, que o propio fan estos músicos polo público.



Se con Barbara Lynn non tiveches suficiente revival, agarda, que todavía agardan por ti The Chiffons, ou as cantantes que quedan vivas (3) , sen dúbida este pode ser un concerto de soul sen gracia nin salero algún, pero que non lle quitaremos ollo de enriba por se nos equivocamos coma estúpidos. Somos capaces de comernos as nosas palabras.

 Para finalizar farémolo con The Big Jamboree. Do cal non diremos nada, e deixámolo para vós! Non perdades ollo das actividades paralelas, allnighters, pinchadiscos e festas que teñen preparadas para vós!





Podes desfutar do video promocional aquí:




Podesdes escoitar o adianto de The Limboos aquí
Ademáis de máis información do Capitol Rock Festival aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.