lunes, 22 de julio de 2013

Los Chavales- Asulado (2013)

Portada de Ramón Saleta( Ex Elephant Band... exWolrus....)


Volven Los Chavales, volven con novo disco, volven co mesmo e a vez con sons renovados. e como non volven a facelo ben.

O conxunto de beat-yeyé volve a entregarnos un 4 pistas cheo de ritmo, pero escoita, adeus quedaron as versións as que nos tiñan acostumados e volven con 4 temas propios, contando desta coa colaboración de Alexandro Gómez co teclado, instrumento que lles facía falta e que nos encanta atopar.

Temos un órgano que recorre de arriba abaixo temas como  Cien Años o Freno y Orgullo. Temas que se fan cun atractivo  beat máis propio de aquí  e o un garaxe limpo e sen estridencias que gusta a todos.

Por otra banda temos cancións lentas como Casi Nada ou Xa non Quedan Homes, nesta última atopamos a un Alfonso Espiño cantando en galego, a ver se a alguén lle recorda a voz a outro dos nosos artistas?.

Podedes escoitar o seu novo disco no seu bandcamp







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.