martes, 23 de julio de 2013

Felipop 2013



Queda poucas para que chegue dunha vez o Felipop 2013, e queremos ir falando un pouco, introducindo algúns dos grupos que aparecen no cartel desta edición, e claro, se queremos mentar a algún neste blog, farémolo nos Moonstones, Los Guajes e  Los Autonautas.

De Moonstones pouco temos que engadir que non se fixera xa, a facilidade de transmitir o fuzz no seu garaxe é tan plástica, que pódela palmear en cada canción. Foi coma un Boom, que un grupo formado en 2005 dera ese salta tan brusco e tan ben introducido nas redes sociais en 2011 coa entarda do seu Fuzz,Farfisa y Fiesta é polo menos para loar. Foron 14 temas que fixeron mover o esqueleto  a media Europa.

Se seguimos co garaxe, imos a Los Guajes, que enginmática banda, e que ben producido os seus anteriores traballos, veñen co seu Mujeres y Centollos facendo un aniño. Non son unha banda de garaxe estridente, nada que ver con Moonstones, outra forma de entender o rock&roll, o seu show de ritmo ao uso mezclado cunhas letras delirantes e divertidas, fan desta banda un motivo máis que grande para non perderse un directo, xa que prometen romper a algunha cadeira, e a vez sen dúbida, o seu único fin é que pases un bo tempo, e que eles o pasen mellor

Aos Autonautas querémolos polo Pop que realizan, se ben, ese son tan 90´s xa está máis que explotado, eles saben darlle unha segunda volta e traerche un traballo coma o seguinte:


Sen dúbida estas ofertas, xunto con The Barracudas e algún concerto máis, fan do Felipop unha opción a ter en conta, outro ano máis.

1 comentario:

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.