lunes, 14 de enero de 2013

Bang 74 -Hi-Flying Dreams


Se facemos memoria, falamos desta banda fai tempo xa, E non podemos cansarnos de falar. 

O novo traballo da banda de Ferrol  sona e sonará. Foi gravado nos estudos  Bajocero para Rufus Recordings( cada vez queremos máis a este selo)

O disco de Bang é máis que unha progresión no seu traballo, de verdade, que delicia atoparse con este comezo  en Cloud Of Rock And Roll. A mi xa me gañaron!.



Cousa certa é que desta vez non perderon potencia senón que souberon administrala doutra maneira, parte dese high energy, que é o selo de calidade do que facer gala, non se dilue entre a melodía e ritmos máis pesados. Polo que temos en cada tema un momento para que reine un ritmo e noutros para que o faga o enérxico. Ata no derradeiro tema, Monday Song canción avocada o acústico métenche un pepinazo de son porque si...



O seguinte tema, Bells of Revolution é enerxía tras unha calma intro na que quizáis só nos falte un pouco máis de pontencia nese riff, pero é igual, o resto faise só (xa nos podemos ver co puño ergueito en cada concerto).  En Don´t Expect too much estás tan tranquilo escoitando a canción para que che den un guitarrazo que non deixe indiferente a ninguén, é un dos meus temas favoritos polo complexo que é, a súa estructura, todo nel gústame.

E por outro lado temos Ghost Town  e Heaven´s Shore, Till The Roosters Sings ou A Crickets Family , cancións nas que en certo grado atopamos unha fórmula na que a banda está cómoda a hora de compoñer, excepto a derradeira que nombramos, un tema  curioso para dar paso o que vai a seguir. 

A cousa é cando escoitamos  temas como o que lle da nome ao disco  ou mesmo Curse, aquí temos algo que dicir:

- ¡TOMA YA!

 Escoita,escoita, non teño que dar explicacións.



O mesmo me pasa con Hangover Pills. Vouna escoitar ata que me de a hora de ir a cama. 






Aos Bang 74 hai que porlles o certificado de calidade "do país" e tratalos co respeto e amor que se merecen.





2 comentarios:

  1. Qué ganas de escuchar este disco!. Recuerdo perfectamente que conocí a la banda por medio de tu siempre magnífico blog. Gracias por avanzarme las sensaciones que procuran los temas y que me invitan aún más si cabe a disfrutarlo como es debido.

    ResponderEliminar
  2. Álex te va a gustar, no porque lo diga yo... al final los veré con From the Jam, importándome estos tres pimientos

    Un abrazo.

    David

    ResponderEliminar

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.