jueves, 15 de noviembre de 2012

Smart Dress-Más de un Millón


Polo feito de que Lontano Records saque a venda copias de este EP a min xa me da a oportunidade de falar da banda madrileña Smart Dress, vaia tela con este grupo.

Nados na capital do estado, remontámonos ó 87, cos problemas da época polo feito das salas e demáis, un grupo de amigos entre Allnighters e demáis festas deciden formar un grupo, entre Pedro a guitarra, Mar o teclado, Juan Carlos o baixo e Miguelo a batería, os cales xa tocaban xuntos, e Pablo a voz e Luismi a Voz e armónica.



A base dos Smart Dress está clara, R´n´B a tutiplén. Sen máis,

 Mods enamorados dos sons que lles gustan os Mods, os seus membros asiduos a calquer sarao modernista non se farían agardar, no 88 debutaban en pequenos concursos de bandas. A posta en escena e a vida dos seus membros toda xiraba en torno a unha idea, ou ideal.

Tras varios cambios de formación, entrando Esteban de (Los Miserables) á batería, a entrada de Juan Calos ó saxo, e Juan o Trombón grabarían a súa primeira maqueta, Sex Soul,case sobra dicir que compartiron escenarios con Allnighters, outra banda que ten tela pola súa calidade,  e como non, por todos os festivais patrios (Purpple, Concentración Modernista de Zaragoza....). Volven os cambios de formación, o seu saxofonista falece e incorpórase Kike ó saxo, e desaparecendo o trombón.

Queda a formación pechada, prosiguen os concertos por tódalas salas, e con un público máis que fiel, coas súas anécdotas en concertos, accidentes varios, a participación de Angel "Manzanares" como baixista durante a recuperación de Juan Carlos neste video grabado no Cajón Desastre de TVE.



No 91 graban este Más de un Millón que agora podedes adquirir en Lontano Records. Nese mesmo ano Luismi abandona o grupo e desfaise despois de tentalo sen éxito.

Que vamos, o dito, a etiqueta está máis que clara, esta banda sempre foi fuxitiva de que se reseñase, moi pouca info, e menos aínda obter calquer referencia vinilística por descatalogada, agora non perdades o tempo e adquiridea por 22 eurillos.
. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.