lunes, 3 de septiembre de 2012

De Concerto cos Hully Gullys e os Fuzzbombs












 Hully Gullys
Curto pero eficaz.

¡Pois vaia sorpresa a da banda 
de Ourense Hully Gullys!

Unha banda instrumental, heredeiros dos Agent Vabriron o concerto na Auriense como teloneros dos Fuzzbombs. 

Cal foi a nosa sorpresa cando comezaron a soar. Os sons dos que disfrutamos, a súa forma de tocar...

Se coñeces a traxectoria do que foron a sorpresa tampouco é que fose moi maiúscula, o que recordo da anterior formación era moito ritmo surf, bos guitarreos, cousa que nesta formación síguese mantendo fielmente.

 É o seu primer bolo, executando  ritmos entre o R&B, Bossa, Latin , toques de garaxe e todas as etiquetas que lle podades por. 

 Notábase un pouco o saber facer mezclado coa xuventude do proxecto, a verdade é que a acollida respondeu o que vimos, todavía non teñen nada editado, pero prometeron que nos meses seguintes teríamos noticias deles, atentos o blog e o seu Bandcamp (todavía en proxecto de existir),  outra pena foron os bises (inexistentes), para a próxima tocade as mesmas pero máis rápido! .

 E outra pena o son, a Auriense non se caracteriza por ter un sonidazo, pero o que temos e hai (por agora, como ameza)

Se es de Ourense, e tes posibilidade de velos, faino, merece a pena, nesta nosa cidade estos ritmos non é que sexa pródigos nin moito menos.


Tras 12 temas, creo, tocoulles o quinteto Fuzzbombs, compartindo teclados, sí, se o ves na foto aí o tes, a "Charlee Fuler" repetindo formación. 


Agora sí, tocáballe os coruñeses.

Pois comezando con Strychnine dos Fuzztones,non foi a única versión tamén caeron Cry,Cry,Cry dos  Unrelated Segments incluida no seu cd, e van os tíos e fan Bad Situation de The Strollers , ala, e eu xa me namorei, por min xa podía acabar, era a segunda vez que os viamos, a primeira na Mardi, o mesmo problema, un son deficitario, non estaban cómodos coa pouca caña que se pode dar nesa sala, mal repartido, notouse coas súplicas, ata tres veces parando para esixir  máis ...

 Non son unha banda de garaxe, en sí, o son en directo anda entre a canallada máis rumbosa, con guitarreos lonxe de fuzz e tonteos máis propios do punk máis macarra, un son que se fai moito polo estado, o órgano machacón e os bailes frenéticos de Rod, ó frontman da banda déronlle personalidade e saber facer enriba do  pequeno escenario.

Foi un concerto curto, moi curto a verdade, pero ben feito, un gusto foi o noso escoitalos,erguer o brazo co seu Vestida para Salir, tema homónimo do seu primer traballo. "Un tema saído da mesmísima caverna", de onde sae o ritmo para movelos botíns

 Só levan un ano. E esperamos que sexan moito máis.





Perdoade as fotos de móbil, prometo facerme con algo mellor en canto poda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.