jueves, 14 de junio de 2012

Stanley Road- Mieres Bridge



Fan honra a súa procedencia, xa está aquí , á venta o novo disco dos asturianos Stanley Road.

o grupo de Sabino López (guitarra e voz) Chuce ó baixo e Pablo Álvarez á batería volven, xa falamos da historia da banda fai uns meses, de como tras un longo parón volveron con ganas. E tantas ganas, dous anos, dous traballos novos e moitos concertos xa ás costas.

No novo traballo Mieres Bridge o son cambia bastante, se no Clash City Cooters era un revival máis próximo o punk máis guitarreiro desta vez atopamos a perfecta conxunción de un baixo salvaxe tan propio das bandas que todos coñecemos na escena.

Prima este instrumento no ritmo, e deixa nun segundo e importante plano a guitarra que a vexo máis fresca, máis vibrante. Gústame todo, a voz a batería, a guitarra o baixo.

 Moi emocionante tanto o tema homónimo como City, dous temas moi moi COJONUDOS,se no público non fan pogos con brazo en alto en directo nos dous concertos que teñen programados por Galiza este Venres 15, e o Sábado 16 en Ferrol e Coruña respectivamente, non sei quen os farán.

Clicka na imaxe para escoitar o seu Bandcamp e comprar o disco

Ou ben escóitao dende aquí




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.