lunes, 5 de marzo de 2012

Los Imposibles - En Espiral

Aproveitando que Sunny Day Records inaugura o seu bandcamp imos cun dos seus  buques insignia, ou o que eu entendo como tal



Por todos é sabido que son moi fan do grupo madrileño, os seus traballos téñoos tan escoitados que podería cantar tódolos seus temas.

Eu fun dos que me quedei boquiabierto/abraiado (esto non sei como se di en galego) coa súa poppereta un disco TREMENDO sí sabedes de cal falo. Sábese que esta banda cultiva un son sesentero, e ben sabido, que o fan dunha forma moi fresca, cuns temas que para nada invitan o tedio, temas vellos temas beat como Una Vez más, temas pop como Dawn Train, temas para cada momento. Temas brillantes.  Dos que te enamoras como o Ella es Azul.


E outra vez o fixeron, con En Espiral a banda traévos o que xa coñeciades e a vez adorades.



Eu xa sei que chego tarde, pero mirade, só un ano. este disco viu a luz en 2011. E agora imos falar del xa que desde Volverás ata Boca Abajo no traballo vas atopar diferentes sons, diferente forma de expresar o mesmo, a calidade.

Abre a boca co primer tema, unha canción pop e beat, desas que tan afeitos estamos desta banda, a progresión que tivo tanto nos seus discos coma na súa producción fainos máis atractivos, se é certo que nos seus primeiros traballos estaban envoltos por unha aura musical máis oscura co tempo apareceu un pop non tan tímido. Un ritmo, moito máis ritmo.



 Un son moito máis son, e moi propio del. Esta banda non é todo un son potente, a importancia radica tamén nas súas letras, quizáis pra min o máis importante, porque nos seus primeiros discos, se ben é certo que a música tiña a súa importancia, non quitarlle o mérito, no que penso que recae a importancia da banda.

No resto do disco os cortes seguen a progresión propia. Cancións coma El hombre en la Esquina,Without You, un tema que rezuma o seu estilo. O que máis me flipa e encanta deste grupo e como usan ventos, hammond, ou percusións varias, un grupo completísimo.

Sorpréndenme sons tanto coma no corte 13 , En Espiral, un tema que racha co ritmo do disco e faino para traerte un dos mellores temas da disco, e Laberinto A CANCIÓN do disco, se xirara  sería nese, síntete coma nunha espiral, na espiral que queren e consiguen trasportate.

Disfrutade do disco dende o seu Bandcamp


Los Imposibles - En Espiral


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.