jueves, 12 de enero de 2012

Los Immediatos - Third Time´s the Charm


Perdoade, o nadal o nadal, e as cousas que pasan alonxáronme un pouco das miñas responsabilidades, outra vez, pero xa estamos aquí de novo.

                                                                                                                                                                                     
De como empecei a escoitar os Immediatos xa creo que teño falado, e refalado, neste blog falamos dos seus dous anteriores discos, moitas escoitas lle estou dando o 4º traballo "Four Tickets for Wonderland", e moitas aínda a día de hoxe lle dou a tódolos seus traballos, sobretodo a este terceiro que vos traio(recoñezo que me emociono ó ver o cantante, Jartur, por Ourense no nadal, non digo nada, pero fago hihihihihi coma se fose unha colexiala).
Sorpréndeme como xira e xira esta banda, de concerto en concerto, moitas horas de viaxe, de como o Beat e Pop que conxugan por partes iguais chega a máis xente da que penso, os concertos que teño asistido me remito, aínda que sexamos poucos, sempre moi fieles a movelo corpo.Claro, sobra dicir, o son Sixtie, eso por suposto, sendo fieles coma sempre e deudores a estos sons, ver Renacerá, versión dos Brincos


Dende logo non vos vou aburrir de que clase de estilos hai no disco, que si garaxe, que si xa os citados, eu o que sei, o que atopo aquí é un disco moi enérxico, esta banda tenche que entrar polas orellas, quizais se faga un pouco dificil se acabas de coller este traballo e se de pouco ou nada coñeces a traxectoria. Será eu que noto un punto de inflexión da banda, quizais sexa un traballo menos "guarro", e moito máis limpo, onde ademáis dun hammond bastante atronador , unas guitarras o son do Fuzz e os temas en castelán e inglés indiferentes, son de igual calidade, dándolle o traballo outra pinta.

Sen máis disfrutádeo.

Los Immediatos - Third Time´s the Charm
1.- Another Story 2.-Having a Look Around 3.- Monday Morning Girl 4.-Baila Conmigo5.-My Mind In Bed 6.- Renacerá 7.- Viaje Interior 8.-They're Gonna Have Fun 9.-Lies 10.-Si tu te vas 11.-Bad Boy 12.-Summer Shakin´

-------------------------------------------------------
------------------------------
-----------------------------
--------------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.