martes, 22 de noviembre de 2011

Los Selenitas -Nuevo Artefacto Sonoro (1998-99)

portada e contra de Gonzalo Cutrina

Os Selenitas nacen no ano 1996, como antecedente desta banda temos os Sunglasses, un grupo do que xa falaremods noutro momento. Nado este proxecto da man de Marcel Cavallé á guitarra, á batería César Villalba , Carlos Cross ó baixo ,e Carles Cagigal ó órgano.

 E como non a vida desta banda nace na búsqueda e paixón por uns sons orientados a ese pop 60´s a uns sons psicodélicos entrelazados cuns arreglos nos que non abandonan de todo os feitos pola súa anterior formación. Claro que a evolución nas letras e que Carlos Cross toma o mando da voz, fai que a banda evolucione ata o traballo que vos traio. Sen que quepa comparación do feito ata o ano no que publican este LP.



Danse a coñecer a una maqueta e un single co que lles entraría polo oído os que disfrutasen dela, esa maqueta abriríalles a porta para aparecer nun recopilatorio co tema  "Nunca Suele".

Todos os seus temas serían recollidos ata este momento nun recopilatorio chamado "Ansia de Color".
 Poñémonos xa no ano 97 e a banda gravan o seu primer E.P. co selo Subterfuge Records, un traballo onde se inclúen 4 temas, grazas a este virían as xiras e concertos por festivais como o Purple Weekend e nas diferentes salas como Apolo, Sol...

Chegamos o ano 98e a este LP, o grupo decide autoproducirse, e para elo diríxense os estudos hojalata. E traen a este mundo o disco Nuevo Artefacto Sonoro, con 12 cortes moi moi recomendábeis(non sei se se escribe así, pero non traballo na RAG). Póñense mans a obra pese a inminente marcha dun dos seus integrantes, Eloi Caballé, batería a este momento. Aínda así vería a luz no ano 99 coa formación que o iniciou. Posteriormente entraría na banda  César Villalba ós pratos.



Sen máis o que hai no disco, o que podemos atopar. Ufff que complicado, cantísimos sons hai neste traballo, tes un pop, onde órgano leva as de gañar,e moito. De feito confírelle un son moi único, un son que despois sería explotado por moitos grupos máis actuais, ou quizás só sexa o que eu penso, proba de esto xa só Los Años que Nunca Volerán, un tema tan pop ou máis como Remordimiento nº 4, este tema é un dos meus preferidos, de feito téñoo trillado... Arreglos algo psicodélicos en temas como en Otoño.

Eu coñecín ós Selenitas nun recopilatorio de Subterfuge se non me equivoco, recordo que foi o tema El Artista Multimedia, un tema que non me gustou nada dende un principio, volvín a darlle as súas oídas co paso do tempo e sí, xa chegar a apreciar moito máis o real son deste pedazo de grupo, pero sigo tendo as miñas reticencias cara el. Foron temas como xa os citados e Silly Girl os que máis me atrairon a banda. É un disco de contrastes, sobre todo esa canción que ven despois de Silly Girl ven a lenta Algo entre los Dos, un tema no que podes disfrutar dunha guitarra moi cálida, un tema para quedar quedo, un tema tranquilo na marea de sons para chegar o tema odiado.

 Ba, non vós dou máis a lata co tema.

Tomade e disfrutade.

Primeiro escóitao en Spotify

Los Selenitas -Nuevo Artefacto Sonoro (1998-99)

1. Los Años que Nunca Volverán,2. Cerca de ti,3.Remordimiento nº 4, 4. Camaleón,5. Silly Girl, 6. Algo entre los dos, 7 El artista multimedia, 8.Un hombre nuevo, 9. Otoño,10. I fram on you, 11. En mi habitación.12. El Sueño del Pulpo Alienígena.
-------------------------------------------------
-------------------------
-------------------------
----------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.