lunes, 21 de noviembre de 2011

Cooper- Mi Universo

O novo de Cooper, o seu Universo xa está a venda. Despois do seu Tour Virtual apresentando o disco agora xa tes a posibilidade de adquirir o novo traballo de Alex e compañía.

Un disco no que atopamos o de sempre, a figura, a voz e todo o que nos gusta de Cooper.




As súas guitarras características, as letras, esas letras influenciadas polo seu ánimo, a súa forma de velo seu propio universo, algo que se nos fai moi común a todos os poplovers. De novo a explosión de pop no teu tocadiscos.



Se me tivese que quedar cun tema, son con esos que tanto me recordan a Teenage Fan Club, esos temas con guitarras distorsionadas, cando pasan a un son limpo que recordan a aquel Buzo, tema polo que sinto predilección.

Neste disco refírome a temas como Primer Día,Carrousel ou Cortometraje, cun comezo rotundo. Despois o tema de Alicia que simplemente é un tema máis de Cooper con nome de muller.Esos temas máis lentos e que prestan nun día de café e cigarros vendo chover , e sen facer máis que disfrutar desas cancións.


Xa o podes escoitar en Spotify

Cooper- Mi Universo

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.