lunes, 13 de junio de 2011

The Frinchers

Das cinzas de Los Potros (banda que desde este humilde blog recomendo encarecidamente) e Sunbeat nace The Frinchers.

Sen máis unha banda de Power Pop formada por Parker, guitarra e voces,Mani Branigan, guitarre e voces(tamén)o baixo Toni Manero e a batería Tranquilito.



Xa se avisaba, xa xa, e volveron con máis forzas, cunha tirada de 500 copias do seu renacido traballo que só se podía adquirir nos seus concerto, agora teñen a ben de ampliala , podendo adquirir esta no seguinte contacto thefrinchers@gmail.com

Neste novo traballo inclúense temas como Ice ou Bananlamb, temas pop sen máis, sen máis concesións as etiquetas. Nin florituras.Credes que esta banda necesita ter os seus propias influencias cando eles mesmos xa son fonte de influencia, ou deberían ser...

Atopamos temas como Stayed, que o teñen, teñen ese ritmo, e forza ou 1965 again, este tema instrumental con forza suficiente de por si mesmo para erixirse como bos temas de PowerPop. E un estrano You Can´t Be Trousted, un tema onde se mezcla o garaxe co r&b.


O seu Myspace
http://www.myspace.com/thefrinchers

Sen máis o seu primer traballo cos 5 temas xa citados,  tiveron a ben subir no seu myspace. Disfrutádeo.


------------------------------------------
--------------------------
--------------------------
------------------------------------------

1 comentario:

  1. THE KUKYS PROJECT , es el nuevo grupo de los Frinchers.

    http://thekukys.bandcamp.com/album/wave-took-them

    ResponderEliminar

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.