lunes, 16 de agosto de 2010

Substitutos - Accept No Substitute(95)




Gracias Patricia.

Que sabemos de Substitutos?

Pois que é unha banda que chega dende Valladolid,  son  desas bandas españolas dos 90 que me teñen fascinado. Un grupo que vivía a toda velocidad, fascinados pola estética como eles din dos finais 70 e dos 80. E que practicaban un son moi español, o son que toda banda mod dos 90 pretendía chegar, moi parecido o son de Los Potros, tocando un Power Pop enérxico.


O único fin desta banda era unha descarga de son.
Será en temas como Uh! onde demostren realmente a súa valía.



Son os feitos, esta banda viu arroupada polas discografíca Animal Records e Bip Bip, como  detalle, debutaron co tema "De Costa a costa” no 93, canción que se convertería na sintonía do programa que Alex Cooper tivo durante uns anos na radio de León.



 
Sen dúbida o disco Canciones para Gente Sensible é un desos discos ó recordo, e sei que cando o suba ídesme dar a razón. Porque non facelo sería negar aqueles discos, aquelas bandas que imprimiron o seu caracter na escena mochi.

Disfrutade do que quede de Verán, quérovos ben.

Substitutos - Accept No Substitute

1.-Billete de Vuelta 2.- Dos Horas 3.- Uh! 4.- Dime 5.-Es por ti 6.- Mi Dirección.

--------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------
  -----------------------------------------------
----------------------------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.